Pide obras

Pide obras
27 de Febreiro, 2025 - 04:40 h. | Publicada por Radio Fene

Críticas do Partido Popular ao uso de fondos do POS para sufragar gasto corrente do Concello de Fene. O voceiro do Grupo municipal Popular, Gumersindo Galego, atribúe a falta de xestión do Goberno local que non se dedique o POS a execución de obras.

ESCOITA O PODCAST:

“O camiño da Fonte en Limodre e nada máis 2025 non hai máis obra en Fene”, sinala Gumersindo Galego. Di que “o fin último do POS e financiar obras e servizos e estamos moi faltos de obras”. Sobre os asuntos previstos para o pleno de marzo comenta un recoñecemento extraxudicial de crédito. “Todo é gasto corrente e non vemos obra por ningún sitio”, sostén, ao tempo que sinala non ter información de como foi a reunión dos alcaldes de Fene, Ares e Mugardos coa conselleira de Medio Ambiente sobre o enorme gasto que supón para os concellos o saneamento.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora