Piden compensacións económicas para os voluntarios do Prestige

Piden compensacións económicas para os voluntarios do Prestige

30 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O deputado do BNG Bieito Lobeira leva á Cámara galega o recente estudo realizado polo 'American College Of Physicians' que revela danos xenéticos, respiratorios, neuronais e un maior risco de padecer cancro, naquelas persoas que desenvolveron labores de limpeza ou estiveron en contacto coa marea negra do ‘Prestige’. O informe publicado na revista 'Annals of Internal Mecicine' de “incuestionábel rigor”, afirma o deputado nacionalista nun com

Lobeira asegura que polo ben da saúde das persoas que participaron no dispositivo de limpeza, “cómpre tomar medidas que minimicen o impacto ou risco sobre elas”.

O parlamentario do BNG suxire a elaboración dun estudo sanitario coa fin de determinar as secuelas físicas que presentan os mariñeiros, bateeiros, percebeiros e outras persoas que realizaron labores de limpeza, así como articular compensacións económicas para aqueles afectados pola exposición á marea negra do ‘Prestige’.

Consecuencias do Prestige

Os investigadores detectaron que os pescadores que no seu día participaron na limpeza da vertedura presentan máis síntomas respiratorios (tose, flemas e inflamacións das vías aéreas) que aqueles que non estiveron en contacto co fuel. Outro dos cambios constatados é que o grupo que recolleu o cru ten máis alteracións nos cromosomas das células sanguíneas. «É moi importante remarcar que no estudo non se falan de ningunha enfermidade, senón que o que detectamos son unha serie de cambios biolóxicos que poden dar lugar a unha maior predisposición a desenvolver enfermidades», entre as que se inclúe o cancro, puntualizou esta semana o doutor Joan Albert Barberà, neumólogo do Hospital Clínic de Barcelona e codirector da investigación impulsada pola Sociedade Española de Pneumoloxía (Separ), na que tamén participaron equipos médicos de centros sanitarios de Madrid e A Coruña.

Sociedade