Piden o apoio da afección

Piden o apoio da afección
23 de Maio, 2019 - 10:51 h. | Publicada por Radio Fene

O partido da Copa da ría de fútbol xogaráse este sábado ás seis e media da tarde no campo do Vilarmaior. Monfero – Perlío. Eliminatoria de copa a un só partido. E o domingo ás cinco e media da tarde no campo dos Pinares comezará a xogarse o encontro de cento oitenta minutos máis crucial da tempada para o Perlio.

Rafael Afonso non poderá xogar este domingo

Xógase o ascenso de categoria diante do Abellá. Encontro de ida dunha eliminatoria a doble partido. O habitual porteiro do equipo de Chechu Piñeiro, Rafael Afonso, non poderá xogar dado que o domingo deberá exercer como presidente dunha das mesas das eleccións municipais.

O Perlío fai unha campaña nas redes reclamando o apoio da afección para este domingo as cinco e media da tarde no campo dos Pinares.

Deportes

Publica o teu comentario agora