Pinto d´Herbón e O Caruncho conducirán esta noite o II Festival Xalleiro de Regueifas e Hip-Hop

Pinto d´Herbón e O Caruncho conducirán esta noite o II Festival Xalleiro de Regueifas e Hip-Hop

16 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O departamento de Cultura do Concello de Santa Comba organizou para esta noite, no Multiusos da vila, a segunda edición do Festival Xalleiro de Regueifas e Hip-Hop. O obxectivo deste evento é “continuar traballando pola conservación e difusión dunha arte con denominación de orixe como s

O II Festival Xalleiro de Regueifas e Hip-Hop inaugúrase coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia, da man do Grupo de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa. Despois terán lugar os desafíos orais en verso por parte de todos os regueifeiros convidados: Juan Rial, “Ventura”; María Maneiro Pais e Manuel Barcia, “Falabarato”, de Santa Comba; Fermín Calvo, de Coristanco; e Suso e Antonio de Xornes, de Ponteceso; xunto con Pinto d´Herbón e Luís “O Caruncho”.

Xunto ao tradicional, non podemos esquecer o lado máis moderno do evento, e como o rap case podería entenderse como “unha regueifa rapeada” combinada con ritmos e estilo hip-hop, o aspecto máis contemporáneo e actual, correrá a cargo de García MC, de Dios ke te crew, acompañado para a ocasión dun graffiteiro que plasmará a súa obra sobre o escenario, representando así este movemento artístico non só coa música do rap, senón tamén coa expresión plástica máis representativa do hip-hop.

O festival clausurarase coa degustación de regueifas e viño doce para todos os asistentes.

Cultura