A pintura de Branda en Culleredo

A pintura de Branda en Culleredo

14 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Este venres 17 de decembro, ás 20:30 do serán,  terá lugar a inauguración da exposición de pintura do artista coruñés Branda, na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo - Culleredo). A mostra permanecerá aberta ao público até o 15 de xaneiro do 2011, en horario de luns a venres de 18.00 a 21.00 h, e de sábados de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.&

Na inauguración intervirán o concelleiro de Cultura Celestino Poza Domínguez, o historiador Carlos Pereira Martínez e o propio pintor Branda. A continuación haberá unha actuación do músico Pulpiño Viascón.  

Oscar Manuel de Brandariz García (Branda) naceu na Coruña en 1973. É licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1992-1997).A súa obra exponse en institucións e entidades como o Concello da Coruña, Concello de Boiro, Grupo COMAR INTERNACIONAL, Concello de Lugo, Col.lecció Clèries-Gambín, Fundación Aliad (Lugo) ou Fundación Araguaney.

Cultura