A pintura de Vidal invade de cor a taberna Vichelocrego

A pintura de Vidal invade de cor a taberna Vichelocrego

11 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintor ferrolán, Miguel D. Vidal, expón  na taberna Vichelocrego de Barallobre (Estrada da Palma- Fene) unha serie de cadros relacionados coa natureza, coa sua maneira de mirar a natureza.  O pintor ferrolán expón óleos e acrílicos provintes de duas mostras anteriores: "Mesturas" , que poidemos ver na Casa da Cultura de Fene, e “Natureza soñada”.

 Vidal formouse co pintor Juan Galdo e iso nótase na sua pintura, sobretodo na maneira de tratar a cor. Miguel Díaz Vidal falou esta mañá en Radio Fene, do que amosa en Vichelocrego ata o 10 de xullo.

Sociedade