ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As mulleres da fábrica de Tabacos foron pioneiras no sindicalismo. Xa no século dezanove protagonizan folgas relevantes na Coruña. A comezos do século XX, as cigarreiras queren facer unha organización sindical. Diríxense a Severino Chacón, un canteiro da Estrada que traballara en Ferrol e en Cuba. El comprende as súas necesidades. Era o ano 1916.
Fotografía: Xan Xe Corral
Desde Coruña, monta a Federación Tabaqueira Española á que se afilian o 99% das cigarreiras e tabaqueiros das once fábricas de tabacos abertas en España. Ten unha visión moi moderna do sindicalismo e utiliza o diálogo e a negociación. Organiza unha gran folga en 1919. Nas fábricas de tabacos cobrábase por traballo realizado, entón a implantación da xornada de oito horas íalle prexudicar. Tras a mobilización pasan a ter un salario fixo.
Severino Chacón foi un gran líder sindical que conseguiu melloras para as fábricas de tabacos. Fundou en 1916 a Unión Tabacalera. A través da negociación e da presión logrou importantes avances para as cigarreiras. Convenceunas para mercar accións e sentou a catro cigarreiras no Consello de Administración de Tabacalera, xunto co banqueiro Juan March. Impulsou a construción da Casa das cigarreiras na Coruña. Tivo que escapar en 1936 e residiu en diferentes países. Severino Chacón morreu con 92 anos en Madrid.
Publica o teu comentario agora