ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O promotor do Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre Alfonso Piñón ten unha intensa actividade cultural no primeiro semestre de 1936. Co golpe de estado do 18 de xullo ten que escapar.. O seu irmán Antonio Piñon, de Manufacturas Piñón, búscalle un acubillo en Vigo e lle monta alí a tenda de ultramarinos La Vianda. Manuel González prepara unha biografía deste pioneiro do sendeirismo.
En Vigo, Piñón, casa cunha muller cubana, Rosa Vázquez, trinta anos máis nova que el. Ten dúas fillas e a familia marcha para a Habana. En 1963 queda sen traballo e volve para España. Instálase en Madrid. Mándalle unha carta cada semana ás dúas fillas que quedan na illa caribeña. A elas fálalles moito do Camiñante Descoñecido de Barallobre, segundo lembra o seu neto Rigoberto Marrero. Alfonso Piñón ideou o Monumento ao Camiñante Descoñecido nos primeiros anos trinta. Logrou unir ao pobo de Barallobre arredor dese proxecto que simbolizaba a reivindicación dos nosos sinais de identidade, da nosa lingua, cultura e natureza.
Publica o teu comentario agora