ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tania, Eva, Isabel, Elisa e María estiveron esta mañá no Hospital de Día Onco-hematolóxico do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol para depositar panos para os pacientes e profesionais que teñen que empregar este dispositivo ou traballan nel. Estas mulleres son supervivintes de cancro, maiormente de mama, pero tamén doutro tipo de cancro; e todas forman parte do Clube Náutico Folixa de As Pontes, que as uniu en torno a disciplina de DragonBoat, unha modalidade de piragüismo.
Estaba tamén con elas o seu adestrador, Iván Pena, que as cualifica como “unhas fenómenas”. Estas mulleres eran recibidas no Hospital Naval do Complexo Hospitalario pola Subdirección de Enfermaría, a supervisora do Hospital de Día e as integrantes do equipo Regaps Ferrol (Rede Galega de Promoción da Saúde).
Comezaron a súa iniciativa no ano 2022, pero agora xa son todo un equipo, e conseguiron xuntar ata a actualidade máis de 700 panos, que “con cariño” acondicionan, envolven e etiquetan para que cheguen a pacientes como elas, “Ata nos deron panos nun campionato en Sevilla”, enfatizan. “É unha iniciativa dobre de solidariedade, as persoas nos doan e nós doamos”, comentaban.
Depositaron un total de catro caixas con eses panos no Hospital de Día para que calquera persoa usuaria do mesmo poida collelos. “Colle un para ti. Con todo o cariño do equipo Náutico Folixa. PD: Recordade. Sodes luz”. E matizan, “os panos non son só porque che caia o pelo, porque cada unha de nós vive a experiencia de distinto xeito”. Así o especificaban ó entregar os panos a pacientes que estaban este mañá neste dispositivo asistencial, aínda que non as levara alí un cancro de mama.
Xa no que se refire ó deporte que as une, subliñaban esta mañá que se trata de lles transmitir como esta disciplina serve para axudarlles coa recuperación tralo cancro de mama, e como viven elas a experiencia da enfermidade.
Publica o teu comentario agora