ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Con todas as precaucións acudirá o Perlío ao campo de Sinde no Val (Narón). O Val ven de quedar campión de liga na Primeira Galicia, ascende de xeito directo a Preferente e é claro favorito. Pero os de Fene, intentarán dar a sorpresa e plantarse na final da Copa da ría. O Val - Perlío. Domingo 2 de xuño no campo de Sinde. "Xogamos con eles tres partidos ata agora, dous empates e unha derrota pola mínima" apunta o técnico do Perlío Mario López.

Primeira Galicia de fútbol. O Perlío finalizou a Liga con 41 puntos, 19 por riba das posicións de descenso. Mantén a categoría sen dificultades. Agora queda a semifinal da Copa da ría que xogará co Val no campo de Sinde dentro de quince dias. O pasado sábado, goles do Orillamar no 52 e no 75. Perlío 0- 2 Orillamar. O equipo dos Pinares no se xogaba nada na competición da regularidade.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora