Plátano maduro non volve a verde

Plátano maduro non volve a verde
30 de Abril, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Froito dunha planta do xénero Musa, de forma oblonga e consistencia fariñenta, un pouco graxa, de sabor doce. Vai pechada nun estoxo verde que se volve marelo ao madurar, fácil de abrir.

O plátano é orixinario de Asia, xa no século VII sábese del no Mediterráneo. Aséntase nas Canarias a partir do ano 1500. Dalí foi levado a América onde o bautizan co nome de banana. Xántase en cru, ten unha longa conservación e é moi calórico.

Especial para sobremesas de pasteis e xeados. O banana split é un postre a base de plátano inventadi en 1904 en Pennsylvania- EEUU En verde empregase para fritilo como gornición de carnes e no arroz á cubana. Moi aprezado na cocina de Hispanoamérica, ten aló centos de preparacións.

A súa riqueza en potasio axuda a equilibrar a auga do corpo ao contrarrestar o sodio e favorecer a eliminación de líquido. Esencial para o tratamento da hipertensión, a gota e reumas. Prevén as cambras musculares, daí que vexamos a moitos tenistas, como Rafa Nadal, comelos no transcurso dos partidos. O seu contido en espectina e fibra resulta moi interesante para o tratamento do colesterol.

Unha receita caseira e sinxela especial para a merenda dos nenos e nenas é cortar unha rebanda de pan de barra, colocar enriba unhas rodas finas de plátano e derramar por riba azucre. Era unha merenda ben prezada na infancia dos anos 60. 

Batido de plátano:

Precisamos dous plátanos e 300ml de leite, unha culleiriña de canela e outra de edulcorante de stevia. Aínda dous cubos de xeo. Cortamos os plátanos en rodas e espolvoreamos coa canela; metemos na batedora xunto co resto dos ingredientes e batemos durante uns minutos ata que todo estea ben mesturado. Vertemos en copas ou vasos individuais. Pódese decorar con sementes de chia. E xa se pode beber. Se se quere moi frío, para comer con culler, meter no conxelador unha media hora. 

Cultura

Publica o teu comentario agora