ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Importante pulo no último mes ás obras planificadas polo Concello de Fene. Destacouno a concelleira de Obras e voceira de Esquerda Unida, Mari Carmen Martínez, no espazo As Foxas de Radio Fene.

“Neste último mes houbo un adianto importante en obras, algunhas xa adxudicadas, outras en licitación e outras próximas a licitar”, declarou a concelleira Mari Carmen Martínez, que mencionou a recente formalización do contrato de mellora da rúa Fonte ou unhas obras de saneamento en Sillobre na subida a Lagarteira e a recente adxudicación de camiños municipais en Fene. En tramitación están, tamén, a contratación doutros importantes proxectos como a mellora de servizos e pavimentos en Lagarteira e a reconstrución dun muro de contención en Perlío, dous proxectos que suman un investimento de máis de medio millón de euros.
Máis emprego
“Todo o que sexa creación de novas empresas acompañado de máis postos de traballo, fenomenal”. A voceira de Esquerda Unida deu a benvida ao proxecto da empresa Glekom de crear o seu centro industrial nas instalacións da antiga Rubber, “que ademais vén acompañado da recuperación dunha zona moi abandonada”, e do desembarco na comarca da multinacional automobilística chinesa SAIC.
Publica o teu comentario agora