Plan dos ODS no Concello de Fene

Plan dos ODS no Concello de Fene
20 de Xaneiro, 2023 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellaría de Servizos Sociais de Fene presenta o Plan Municipal de Implementación dos ODS. O Concello de Fene aprobou recentemente por resolución da Alcaldía o Plan de implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU dentro da Axenda 2030. O documento, promovido pola Concellaría de Servizos Sociais coa participación do tecido social, político e educativo do municipio, pretende ser unha guía de actuación tanto para o consistorio como para a veciñanza de cara a cumprir eses 17 obxectivos mundiais cos que se perseguen dúas fins intimamente ligadas: frear o cambio climático e construír unha sociedade máis xusta. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografia: Cesar Galdo

No caso de Fene, e gracias ao apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o plan artellouse partindo dunha diagnose inicial do territorio -saber como estamos agora- para logo poñer negro sobre branco todas aquelas cousas que cómpre cambiar ao longo dos próximos anos para achegarnos no posible á sostenibilidade da que fala cada apartado dos ODS.  A vixencia inicial do plan será de tres anos, tempo no que deberá facerse un seguimento constante sobre o cumprimento das accións propostas.  O contido do Plan de Implementación dos ODS en Fene presentouse na Casa da Cultura, nun acto ao que asistiron representantes do persoal municipal, de entidades veciñais, dos centros de ensino e do Fondo Galego.  A finalidade do encontro foi a de repasar as accións que se deberán desenvolver en cada liña estratéxica e, en último caso, lograr a máxima concienciación e compromiso social para que Fene alcance os obxectivos de desenvolvemento sostible.

Institucional

Publica o teu comentario agora