ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de San Sadurniño celebra o venres 12 de novembro, durante todo o dia, unhas Xornadas sobre urbanismo, sustentabilidade e rehabilitación. Fáino coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
San Sadurniño está inmerso neste momentos na revisión do seu plan de urbanismo e daí a iniciativa que congregará a expertos, arquitectos sobre todo, para poñerse ao día na necesidade de planificar o territorio e facer dos lugares e das vivendas, sitios sustentábles. A rehabilitación, os novos materiais de construcción e as enerxías renovables completarán os debates. O alcalde de San Sadurniño, Secundino García inaugura as Xornadas mañán venres ás 10 da mañá.
As xornadas diríxense a técnicos, traballadores no sector, persoal da administración, propietarios e propietarias, pero tamén aos veciños e veciñas en xeral, para comprender e poñerse ao día das novidades en temas de urbanismo e planificación. Celebranse na Casa da Cultura de San Sadurniño dende as 10 da mañán ata as 9 da noite. A primeira ponencia " A necesidade de planificar o territorio" deféndea o arquitecto, Miguel Reimundez González. As xornadas rematarán cunha mesa redonda con representantes políticos e técnicos municipais, para falar do estado do PXOM e as aportacións veciñais.