Planificar o dia a dia

Planificar o dia a dia
25 de Marzo, 2020 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

Os adolescentes poden caer nun estado de ansiedade nesta situación de alerta sanitaria. Fáltalles a relación cos seus amigos e compañeiros e reciben demasiada información a través das redes. 

ESCOITA O PODCAST:

A saúde mental entre os adolescentes resíntese neste período de confinamento na casa a causa da pandemia do coronavirus. A xente nova pode experimentar síntomas de ansiedade, segundo se transmite desde a Unicef. O psicólogo José Barcia afirma que é normal porque que están vivindo unha violación das súas rutinas e un aillamento do seu círculo de amistades e colegas de instituto. A iso hai que sumar a sobreinformación que lles chega a través das redes sociais. O distanciamento das amistades é malo pero o abuso das redes sociais tamén. Así que se trataría, afirma Barcia, de encontrar o equilibrio. Deixar que manteñan contacto co exterior a través do teléfono pero con límites. Para iso, dí o noso experto, “non hai nada mellor que planificar o día a día, non deixarse levar polo tedio porque o encerro vaise alongando no tempo”.

Pódese dividir a xornada en catro partes, recomenda Barcia.

1. Cumplir coas tarefas escolares.

2. Adicar un rato aos contactos cos amigos.

3. Realizar actividades culturais e de ocio, como ver unha película, unha serie ou xogar a algo e facer exercicio físico.

4. Ao final do día, leer algo que lles guste, porque afirma José Barcia hoxe no espazo Vilanova, “non é bo meterse na cama con malas noticias na cabeza”.

Deportes

Publica o teu comentario agora