ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A planta de Biomasa Forestal das Pontes iniciou xa a súa fase de probas de cara a introducirse no mercado no vindeiro ano. A súa produción basearase na creación de combustible para caldeiras que se destinará a mercados do norte de Europa.
Será o vindeiro ano cando a empresa das Pontes inicie a súa actividade de xeito regular. A súa matería prima basearase nos residuos dos montes galegos, concretamente dos montes de Eume e Ortegal. A empresa basearase na explotación da biomasa residual, é dicir, aquela que se beneficia dos restos que quedan nos montes unha vez recollida a madeira ou dos restrollos de monte baixo.
Con esta nova actividade, tamén o porto de Ferrol se verá beneficiado, pois o tráfico de barcos aumentará e ademais nun sector que ata o momento non tiña presenza no porto. Estímase que a empresa comezará a recoller residuos nos no último trimestre deste ano e comezará a súa venda no último mes de 2010 ou nos primeiros de 2011.