ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Estamos un pouco preocupados polo tema económico”, advirte o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego. Discrepan do pago da plusvalía municipal nas herdanzas.
“Levan pagando toda a vida e parece inxusto que volvan pagar”, declarou en Radio Fene o voceiro do Grupo Popular. Queren que o Concello retire a plusvalía ás herdanzas. “O PSOE está de acordo con nós”, subliña Gumersindo Galego. No pleno de xuño tratarase a delegación dalgunhas taxas e impostos municipais á Deputación e volverá saír o tema que xa se considerou meses atrás. “Nós pediamos a modificación da Ordenanza, que xa lle foi rexeitada”, lembra. Galego tamén explicou nas Foxas a posición do PP nos asuntos tratados no pleno municipal de maio.
Publica o teu comentario agora