ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Política municipal. Delegar na Deputación da Coruña a xestión da plusvalía é un dos asuntos que aborda o Concello de Fene na sesión plenaria de febreiro. Do pleno e das obras en Fene falou o concelleiro Manuel Polo no espazo As Foxas.

A Corporación de Fene decide este xoves sobre a delegación da tramitación da plusvalía, oficialmente Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, no servizo de recadación da Deputación. “Un dos impostos máis antigos do Concello de Fene e dos que menos se modificaron, agás a variación feita a raíz do cambio legal; ademais é dos de cálculos máis complexos”, explicou Manuel Polo. Tamén tratará o pleno unha moción do PP sobre o superávit orzamentario. “Viven noutro planeta, os concellos de superávit nada, pola infradotación económica e polas competencias impropias que asumen”, declarou en referencia a unha moción “sorprendente do PP, un partido sen rumbo, sen criterio, andan como polo sen cabeza”, sostén Polo que tamén informou da boa marcha das distintas obras que está a realizar o Concello, os proxectos de futuro e a próxima cesión ao Concello da titularidade da rúa da Fraga, unha vez que a Deputación acabe as obras de asfaltado que está a executar.
Publica o teu comentario agora