Poñer ás persoas no centro

Poñer ás persoas no centro
11 de Xullo, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ana Olveira desvela as claves do éxito de Olympe Emprende: "Non se trata só de crear negocios, senón de tecer alianzas que transformen o territorio."

ESCOITA O PODCAST:

Con esta filosofía, o proxecto Olympe Emprende ten apoiado a iniciativa de mulleres galegas, máis de 50, que emprenderon unha viaxe de formación e acompañamento para poñer en marcha ideas de negocio con impacto social, sempre baixo os principios da economía solidaria.

Falamos con Ana Olveira, responsable do proxecto e membro de Abeluria Sociedade Cooperativa Galega, para coñecer os segredos desta iniciativa que honra a memoria dunha revolucionaria esquecida, Olympe de Gougues, aquela revolucionaria que en 1791 redactou a Declaración dos dereitos das mulleres e das cidadás e que foi silenciada pola historia. 

O proxecto naceu cun claro obxectivo: apoiar iniciativas emprendedoras lideradas por mulleres que poñan ás persoas no centro da súa actividade.

Para iso, deseñouse un itinerario completo que combinou formación innovadora con perspectiva de xénero, sesións de intercooperación, webinars temáticos, tours de emprendemento e un acompañamento estratéxico e territorial adaptado ás necesidades de cada participante.

A entrevista forma parte do proxecto Conexión Europa que EMUGA desenvolve co apoio da DG Regio da UE.

Sociedade

Publica o teu comentario agora