Poñer en común experiencias e recursos

Poñer en común experiencias e recursos

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O I Encontro Ecoloxista desenvolvse esta xornada no Museo do Povo Galego en Santiago de Compostela. Organiza a Sociedade Galega de Educación Ambiental e a Federación Ecoloxista Galega. Ten unha importante presenza o colectivo medioambiental Néboa de Neda, a través dunha das súas responsables, a bióloga Begoña Balsa.

Os grupos e asociacións ecoloxistas levan desenvolvendo numerosas iniciativas en educación ambiental, elaborando recursos e materiais dun importante valor educativo. Non obstante, son escasos os foros nos que os colectivos teñen ocasión de expoñer e compartir conxuntamente a súa experiencia. É por este motivo polo que o primeiro, e quizais máis importante obxectivo deste I Encontro Ecoloxista, é o de servir de punto de encontro entre os grupos para contribuír así á posta en común de experiencias e recursos. 

Ata as oito desta tarde os diferentes colectivos ecoloxistas porán en común as experiencias e os recursos educativo-ambientais empregados polas asociacións nos últimos anos. Ademais, traballarán na elaboración dun Plan de Acción para a Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas.

Sociedade