ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Neste novo episodio de “Empeza por ti” queremos chamar a vosa atención sobre un dos ODS máis importantes, o número 3, que pon o foco sobre a importancia da saúde e o benestar. Para moitas persoas contar cunha mascota como un gato, incrementa de xeito notable a súa sensación de benestar.
Nos últimos anos téñense logrado grandes avances na mellora da saúde das persoas. Malia iso seguimos a falar de que moitos países aínda seguen a loitar contra a mortalidade infantil en menores de 5 anos. Persisten, ademais, as desigualdades no acceso á atención sanitaria xa que unha parte máis que significativa da poboación mundial carece aínda de acceso a servizos sanitarios vitais.
A saúde, ademais, non é un feito só individual, a saúde colectiva é imprescindible para poder falar de benestar por iso é tan importante un compromiso audaz para poñer fin ás epidemias de sida, tuberculose, malaria e outras enfermidades transmisibles para 2030. O obxectivo é lograr a cobertura sanitaria universal e proporcionar acceso a medicamentos e vacinas seguras e ao alcance de todas. Porque as desigualdades seguen sendo un desafío fundamental para a cobertura sanitaria universal.
E se estás a preguntarte que podes facer como individuo ao respecto da saúde e o benestar, a resposta é que compre empezar por nós mesmos, promover e protexer a nosa saúde e a da nosa familia, tomando decisións ben informadas, e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias.
E tamén, porque non, podemos concienciar á nosa comunidade sobre a importancia da boa saúde e, sobre todo, reivindicar unha sanidade pública de calidade e accesible.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Fotografía Maite Martinez Prieto
Publica o teu comentario agora