Poñer a guinda nos Pinares

O Perlío afiánzase na cuarta posición pero hai que gañar ao Cebarca na última xornada
26 de Marzo, 2019 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

Quedar cuartas sería a mellor clasificación do equipo feminino do Perlío na súa historia.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío quere afianzarse na cuarta posición da táboa da Liga feminina de Futbol8 que remata o domingo. Ás 12 reciben nos Pinares ao Cebarca. Esa cuarta posición sería histórica para o Perlío, en palabras do seu técnico, Juanjo Lorenzo que ademais destaca as vantaxes desa posición cara á competición de copa pois evitarían ás primeiras e terceiras clasificadas. Terían que torcerse moito as cousas para non logralo. O Cariño písalles os talóns a tres puntos con 39 puntos por 42 do Perlío.

Rosalía 0- Perlío 1 (xogado o 23 de marzo)

Cris marcou no anterior encontro na casa do Rosalía. Un tiro lonxano que deu un plus e rachou a igualdade que se veu en xeral no encontro.O domingo 31 ás 12,00h nos Pinares, fin de liga na casa, Perlío- Cebarca. As rapazas agardan pola calor da afección.

Deportes

Publica o teu comentario agora