ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cociñas e armarios, faiados e garaxes son espazos nas que acumulamos multitude de obxectos. Tantos que ata nos esquecemos de que algúns existen. O mesmo pasa nas empresas e oficinas onde se xuntan pilas de papeis e materiais. Falta tempo e ganas para poñer orde na nosas vidas. Para darlle solución hai unha empresa de Ferrol que ofrece servizos de organización. Chámase Arrumar. A promotora é Esperanza Vázquez Dopico, unha muller afeita a ordenar desde nena que, ademais, cursou estudos universitarios relacionados coa Arquivística.

“Nace en 2022 para cumprir un soño”, resume esta emprendedora sobre o seu proxecto profesional. “A cantidade de cousas que temos é tremenda. Cando me chama alguén para ordenar un zapateiro ves que ten moito calzado, outros, dependendo dos intereses, igual teñen 500 cromos”. Esperanza recoñece que ela é unha persoa organizada, pero asegura que non é “ tan estrita como a xente pensa, intento adaptarme ás necesidades de cada cliente, segundo o seu estilo de vida, personalizar os servizos”. E non lle pon medo nada. “O último arquivo que ordenei dunha empresa eran 960 kg de papel, que acumularon durante moitos anos”.
Publica o teu comentario agora