Poñer paz

Poñer paz
26 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Evitar conflitos e promover a harmonía, “algo moito máis complicado do que pode parecer”. Esa é a función que cumpren os xuíces de paz en concellos onde non hai xulgado de primeira instancia ou instrución, explicou en Radio Fene a avogada María Álvarez Real.

ESCOITA O PODCAST:

“Dedicase a facer labores de conciliación, de mediación, custodiar rexistros, pode facer celebracións de matrimonio…ocupado está”, asegura sobre esta figura María Álvarez Real. A persoa que desempeña todas esas funcións percibe un pequeno salario do Ministerio de Xustiza. “Non é xuíz profesional, non ten por que ter a carreira de Dereito”. O posto é compatible con case todos os traballos, pero hai algunhas excepcións. “Non poden pertencer a partidos políticos, sindicatos ou facer labores xudiciais”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora