Poñerse guapos

Poñerse guapos
14 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primavera peta na porta e xa comezamos pensar nos coidados do corpo porque pronto prescindiremos da roupa de abrigo. Dos coidados fundamentais para ter unha pel bonita e saudable falounos unha especialista de Fene, a xerente do Gabinete de Estética María Castro.

ESCOITA O PODCAST:

“Ao corpo dámoslle máis importancia cando se achega o verán, no inverno pasa a ser secundario, a cara non, porque se ve”, explica Maria Castro. A primeira recomendación da especialista “máis que ter cosméticos caros ter unha boa hixiene facial”. Explica que “o máis importante é unha boa hixiene facial, na casa con bos cosméticos e máis profunda nos centros de estética”. Recoñece que “a xente está un pouco perdida porque a oferta é moi variada e ás veces non sabemos ordenala ben”. Para que todo o mundo poida acceder aos tratamentos ofrece bonos con descontos para varias sesións.

Sociedade

Publica o teu comentario agora