Pobre, fidalgo e soñador

Pobre, fidalgo e soñador
02 de Agosto, 2019 - 07:05 h. | Publicada por Radio Redondela

De Cambados son os fermosos pazos. O primeiro o de Fefiñáns,construido no século dezasete polo embaixador español en Rusia, Pardo de Figueroa: alta torre almenada, e unha ponte sobre o camiño que chaman de Caldas de Reis. Un balcón voado, para que digan adeus as damas aos cabaleiros que van á guerra. Fermosos salóns, donde quedan os ecos do clavecín. Outro pazo, o de Bazán, e leva o nome do viño máis preciado do Salnés, un infante dourado, o albariño. Un pazo labrego e patriarcal, o de Figueroa. E outro neoclásico, o de Montesacro. Pero a xoia cambadesa son as ruinas de Santa Mariña, hoxe camposanto, o máis melancólico camposanto do mundo, cos seus arcos sostendo o ar,xa que non hai teito, e a doce dhoiva e o sol. Próbase con eles que a pedra voa. 

Festa do Albariño. Cambados.

Calquera día do ano é bon para ir a Cambados. Florece en inverno a camelia nos pechados hortos. É Cambados unha boa pousada para comer os peixes do mar de Arousa, e os mariscos, acompañados dun albariño galán. En agosto celébrase o concurso do viño albariño e acuden a el albariñenses de toda Galicia. O sol, que asistiu á festa, despídese de Cambados vestindose no horizonte con largas gasas carmesíes, que poñen os seus reflexos nos arcos inesquecibles de Santa Mariña, segundo afirma Álvaro Cunqueiro. 

 

CUNQUEIRO, ALVARO. Pontevedra Rías Bajas. Everest. León, 1969.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora