A pobreza aumentou en Galicia un dez por cen no que vai de ano

A pobreza aumentou en Galicia un dez por cen no que vai de ano

20 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O número dos "sen teito" aumentou un dez por cen en Galicia no que vai de ano. A pobreza e a marxinalidade increméntase, segundo informa Cáritas. Cada vez máis xente vése obrigada a solicitar axuda de organizacións benéficas e caritativas.

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela celebra durante este 2015 os seus 50 anos de existencia con diversas actividades como unha exposición itinerante, un libro conmemorativo e charlas. Mais entre todas as actividades conmemorativas sobrancea a creación dunha empresa de inserción laboral que consistirá na posta en marcha de tendas de roupa de segunda man. Anunciouno o director diocesano, José Anuncio Mouriño. Proxéctase a posta en marcha de tres establecementos, en Santiago, A Coruña e Pontevedra, de venda de roupa de segunda man. Estarán abertos a todo o público e nelas persoas sen traballo exercerán de dependentes. As familias  que non teñan recursos poderán conseguir roupa de forma gratuíta presentado algún elemento identificativo aínda por determinar. Cáritas conta con ter esta iniciativa en marcha antes do último trimestre do ano.

Sociedade