A pobreza enerxética a debate no pleno de Fene

A pobreza enerxética a debate no pleno de Fene

04 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene multará a Viaqua co pago de 8.000 euros polo incumprimento de contrato por parte da empresa que xestiona o servizo de auga. A penalización xa ven de atrás, por negarse a valeirar a vella depuradora de Maniños. Por unanimidade a corporacion aprobou rexeitar as alegacións presentadas pola empresa. O pleno de Fene celebrado onte á tarde aprobou por maioría- co voto contrario do PP- o respaldo á Iniciativa lexislativa popular prese

A moción demanda unha tarifa eléctrica galega que favoreza a empresas como Megasa e Poligal na comarca, co que iso pode significar na creación e fixación de emprego. Que favoreza en xeral a Galiza, grande productora de enerxía que exporta o 40% pero na que unhas 100.000 familias teñen dificultades para pagar a luz. Defende a Iniciativa lexislativa popular que unha familia que inviste máis do 10% do seu presuposto en enerxía, xa está nunha situación comprometida. Por iso se demanda solidaridade e apoio real ás persoas en pobreza enerxética. O portavoz popular manifestou asumir boa parte da iniciativa pero disculpou o voto contrario co argumento de que a lei actual contempla o boso-social e de que o Consello da Xunta ven de aprobar o pago dunha axuda ás familias en situación de exclusión social, unha medida, informou Gumersindo Galego, que beneficiará a unhas 40.000 persoas en Galiza.

O resto dos grupos apoiaron a iniciativa da CIG. O portavoz de Somos Fene, Xoan Manuel Bastida, aportou unha proposta paliativa a levar a cabo no concello; que os SS SS detecten entre os veciños a pobreza enerxética e se tomen medidas en concecuencia, axudando ao pago dos recibos.

O PSOE denunciou a orixe do problema, o propio sistema de xestión da enerxía. Denuncia Noceda que as grandes compañías electricas cobran ata por non consumir enerxía, e fanno cun oscurantismo que ven ser un abuso e unha estafa.  Criticou o portavoz socialista a cerrazón do PP á hora de sumarse a esta iniciativa.

O alcalde amosouse asombrado coas demandas do PP que preguntou pola execución de obras que, segundo Juventino Trigo, deixou o goberno anterior pendentes de proxecto, de contrato e de orzamento.

EU interesouse polos restos de Fondomar no peirao de Barallobre ou polo proxecto do campo de futbol de Maniños.
Tamén un veciño dende o público demandou que se continúe co amaño do camiño inglés nas Foxas, na rúa Gerardo Díaz.

Sociedade