Podía chover merda

Podía chover merda
23 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Coleccións de relatos inspirados por fotografías. Niso consiste o libro de Ramón D. Veiga titulado Zoom. Non é a primeira vez que o autor fenés escribe a través de ilustracións, tal e como demostra na súa orixinal conta de Instagram.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía: Xan Xe Corral

“Empecei xusto no confinamento cando nos aburríamos moitísimo. Teño amigos e amigas que se adican á fotografía e ocorréuseme pedirlles que me mandasen unha imaxe para escribir un relato. Foi un reto para min. De aí xurdiron os doce relatos”. Ramón D. Veiga presenta Zoom logo de iniciarse na escrita de relatos a partir de fotografías na conta de Instagram Podía Chover Merda. “Teño unha conta en Instagram que se chama Podía chover merda na que fago unha especie de poemas infantís a partir de ilustracións que me mandan. Foi aí cando empecei a escribir contando coa inspiración dunha imaxe”. explica o filólogo de Fene. Escoitaremos a conversa con él este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora