Podías botar unha man,...

Podías botar unha man,...

16 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Mamá, mamá, podes vir aquí un momentiño? O profe de Historia púxonos un traballo sobre Alexandre Bóveda e o Partido Galeguista. Vou mirar no wikipedia pero podías botar unha man. Comeza dese xeito a banda deseñada "Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza" de Carlos Sardiña e Pitusa Arias. A publicación preséntase o vindeiro luns en Vimianzo cun acto que contará coa participación

A Alexandre Bóveda fusilárono á alba do 17 de agosto de 1936. Nas vindeiras horas sucédense os actos de homenaxe e de lembranza da súa vida e do seu compromiso. A Fundación que leva o seu nome, a A.C. Alexandre Bóveda da Coruña, o BNG de Pontevedra, Vilagarcía e Oleiros, Compromiso por Galicia e numerosas entidades máis promoven esas iniciativas.

Cultura