A poda é o primeiro coidado que precisa a camelia

A poda é o primeiro coidado que precisa a camelia
25 de Marzo, 2022 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

As camelias proceden de China e Xapón, pero agora xa hai camelias autóctonas con cores do máis inverosimil, como amarelo ou azul. As camelias encherán o local da Asociación Veciñal de Magalofes este sábado e o domingo.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

O primeiro coidado que precisa a camelia é a poda entre abril e maio, cando perdan a flor. As camelias son uns arbustos que florecen no inverno e que desenvolven unhas flores preciosas que, con toda seguridade, alegrarán o inverno e a primavera. Empezan a florecer a finais de decembro e durante os tres meses seguintes, florecen sen parar. Distinguimos dous tipos de flores de camelias: as de flor simple, que teñen unha dobre volta de pétalos cos estambres á vista, e as compostas nas que os estambres non ven, xa que os pétalos enchen a flor

 

Na imaxe, Xosé María Rivera Arnoso, ex-alcalde de Fene, un dos cultivadores que presentará camelias esta fin de semana en Magalofes

Sociedade

Publica o teu comentario agora