Podcasts dende a escola

Podcasts dende a escola
16 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Radiofusión inicia este venres a emisión dos podcasts elaborados polos alumnos e alumnas do CEIP San Ramón de Moeche dentro dos ciclos de formación radiofónica Onda ODS.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

A calidade de vida existente no seu concello, os beneficios das fabas de Moeche ou as iniciativas postas en marcha dende o centro educativo relacionadas coa educación viaria, o fomento da lectura e coa creación dunha canle de youtube foron as temáticas elixidas polo alumnado de quinto e sexto que amosou unha grande creatividade. En forma de cuñas radiofónicas e de textos informativos, as súas voces poderán escoitarse en Radiofusión a partires das nove da mañá ata o vindeiro venres 23 de decembro.



Fotografía: Xan Xe Corral

Na imaxe, os alumnos e alumnas do CEIP San Ramón gravando en Radio Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora