ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Non creo que se poida prescindir da nosa capacidade crítica”.Pode quedar a Xustiza nas mans dunha máquina? A Intelixencia Artificial xa se aplica no mundo do Dereito porque facilita o traballo. “Libra unha presión laboral importante da nosa profesión”. Pero hai moitas actividades que, polo menos a día de hoxe, non están ao seu alcance. IA e Xustiza, un debate que abordamos en Radio Fene coa avogada María Álvarez Real.
A Intelixencia Artificial ten vantaxes para os profesionais do Dereito. “Pode axudar para automatizar tarefas que facemos de modo rutineiro ou axilizar a busca de xurisprudencia, faino moito máis rápido que unha persoa”, explica a letrada. Pero non é quen de substituír ás persoas. “Son tecnoloxía e maquinaria, non ten sentimentos, non ten intuición nin sentido común. É unha fórmula, un algoritmo, non pode tomar decisións morais, nin ten análise crítico”, destaca María. Para un avogado, “o uso excesivo da IA pode facer perder autonomía e independencia”, opina. Tamén advirte de que na Intelixencia Artificial “falta de transparencia, non sabemos como chega ás conclusións, non sei ata que punto pode ser manipulada ou condicionada”. Sobre a posibilidade de que unha máquina chegue a ditar sentenzas, Álvarez Real cita a opinión do maxistrado do Contencioso Alejandro González Mariscal de Gante “levaríanos a solucións carentes de empatía e levaríanos a un sistema robótico, cando o cidadán o que agarda son solucións lóxicas, pero tamén xustas”.
Publica o teu comentario agora