Poden abrir ata as once da noite

Poden abrir ata as once da noite
04 de Decembro, 2020 - 01:07 h. | Publicada por Radio Fene

Fene e Neda rebaixan as restricións. A evolución do coronavirus esta semana foi boa e o comité encargado da Xunta de Galicia adoptou esta decisión, segundo comunicou este mediodía. O peche perimetral deixa de estar operativo polo que a cidadanía pode desprazarse. Non pode acudir, salvo motivo xustificado,  a Ferrol ou A Coruña porque as dúas cidades continúan con esa restrición. 

Miriam Moar, da cervexería Tarnas

Permítense as reunións dun máximo de seis persoas non convivintes, e a hostalería pode abrir desde este sábado ata as once da noite cun aforo máximo do 50% no interior e do 75% nas terrazas.

Institucional

Publica o teu comentario agora