Poden resultar determinantes

Poden resultar determinantes
31 de Marzo, 2025 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños xa é líder en solitario da Primeira Galicia de fútbol. Conta con 52 puntos. Quedan seis xornadas para o remate da liga pero onte pinchou o segundo, o Victoria, que perdeu co Sporting Meicende. O terceiro, o Orillamar, empatou na casa co Cedeira. Queda o Victoria con 49 e o Orillamar con 47. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Maniños Adrián Martinez comenta o partido de Ares:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/310325MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Na xornada do domingo, Numancia de Ares 0 - Maniños 2. A tarde anunciábase anodina pero os tres puntos logrados en Prados Vellos poden resultar determinantes na competición. Os goles foron obra de Raul e David.  "Imos intentalo ata o final" indica o técnico Adrian Martinez Amador.

 

fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora