Podo entrar, Micaeliña?

Podo entrar, Micaeliña?
04 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Don Ramón consegue soltarse do Demo e a Porca e segue avanzando bambeante.

ESCOITA O PODCAST:

E, aló, non moi lonxe, nunha casoupa, queridos oíntes, poden imaxinar vistedes a Micaela e o Portugués que falan a carón da única fiestra.

"Don Ramón anda toliño por min, e pouco a pouco irá caendo todo canto ten nas miñas mans."

"E nas miñas, non esquezas o trato."

Ides escoitar o capítulo 9 desta adaptación de “Os vellos non deben namorarse”, de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, que o grupo Merlín e Familia interpreta baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, o guión de Antonio Tizón e a música de Antón Ramos.

O grupo Merlín e Familia está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. 

E o equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández. 

Na imaxe Mariola Hermida

Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora