A poesía máis salvaxe

A poesía máis salvaxe
23 de Abril, 2019 - 08:25 h. | Publicada por Radio Fene

A poesía máis salvaxe vístese de gala esta semana en Ferrol. O mércores 24 comeza un ronsel de actividades de exaltación da literatura. Como aperitivo, nesta xornada ábrese unha nova edición da Feira do Libro na praza da Constitución de Ferrol.

Juan Carlos Valle "Karlotti"

Pola súa banda, Mondoñedo é poesía, chega á súa 6ª edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) aos amantes da poesía dita, recitada, cantada, musicada ou visual.

Esta actividade enmárcase, como sempre, dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas que se celebran desde 1541 (hai xa 478 anos).

Nesta edición homenaxeamos a Manuel Ledo Bermúdez “O Pallarego” (Mondoñedo, 1899-1964), o músico-barbeiro que recuperou canda Cunqueiro, xunto a outros ilustres mindonienses como B. Vidarte ou X. Díaz Jácome, a tradición dos maios nos anos da II República.

O cartel oficial da edición é da autoría do artista mindoniense, J. Pedro Gómez.

TENDAL DE POESÍA

Exposición na recepción do Auditorio Pascual Veiga.

Montaxe foto-poética con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo inspirados en obras de artistas mindonienses e mariñaos.

 

RECITAL na RÚA

17:00h.-Saída da carroza do Maio da Finca da Loura (ao pé da casa natal do Pallarego no Barrio dos Muíños)

17:30h.-Praza Jaime Cabot (Alcántara)

Homenaxe á Manuel Ledo Bermúdez “O Pallarego”. Memoria dos maios

Acto de homenaxe a un dos personaxes máis destacados da cultura popular mindoniense do s. XX: músico, mecenas e activista cultural. Interveñen: Remedios Ledo Vizoso, alumnado dos centros educativos e da Escola de Música Municipal.

Recital poético

Recitan: Alexandre Fernández Peón (2º premio Díaz Jácome 2018), Laura López (3º premio Díaz Jácome 2018) e Esperanza Pérez

 

RECITAL no AUDITORIO 'PASCUAL VEIGA'

18:30h.-No Auditorio Pascual Veiga escoitaremos os versos de Martiño Maseda (1º premio Leiras Pulpeiro 2018), Alberte Momán (2º premio Leiras Pulpeiro 2018), Olga Novo e Antón Reixa

A música corre a cargo de Lino Rico (con Juan Carlos, Fajardo e David) e A Banda da Loba.

Presenta: Montserrat González Álvarez (Magadán).

***

Organizan: Asociación As San Lucas e Colectivo Mondoñedo É …

Colaboran: CEIP Álvaro Cunqueiro, IES San Rosendo.

Patrocinan: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Concello de Mondoñedo.

Cultura

Publica o teu comentario agora