A poesía máis salvaxe

A poesía máis salvaxe
23 de Abril, 2024 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Os 50 anos da revolución en Portugal e a guerra de Gaza marcan este ano na Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol. As actividades comezan este xoves e finalizarán o sábado. A voz dos poetas contra as guerras. A beleza e a sensibilidade da poesía nacen do compromiso do poeta coa humanidade, opina Carlos Valle, Karlotti.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Carlos Valle Karlotti sobre a Semana da Poesía Salvaxe:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230424VALLE.mp3

Fotografía Xan Xe

A Semana da Poesía Salvaxe arrinca mañá xoves en Ferrol. Charo Lopes e Leo de Matamá ofrecerán un recital poético musical ás seis da tarde no Ateneo. A poesía trasladarase a partir das sete e media ao Torrente Ballester.  Participarán Charo Lopes, Xosé Abeledo,Antonio Tizón, Chisco Naval, Pedro e Paloma, Helga Mëndez, Itha K.,Pepe Caccamo, Leire Bilbao, Vicente Araguas, Quico Cadaval, Luís Valle, Dyso, Victor Diez, Judite Ca-nha, Samuel L.Paris e Juan Carlos Mestre. No apartado musical Su Garrido, Eugenia Sanmartin, O Leo de Matamá e Manolo Bacalhau (na imaxe. Fotografía Xan Xe)

Cultura

Publica o teu comentario agora