Poesía na familia

Poesía na familia
25 de Novembro, 2022 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Matilde Castro, “Polos fíos da memoria”,  e Mariola Hermida, “Onde nacen os pexegueiros”. Dúas autoras falan da súa obra poética este venres no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión. De como concibiron os seus poemarios e de como chegaron a ser escritoras.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Poesía e memoria. Das traxedias vividas no país coa guerra civil e a posterior represión trata a obra de Matilde Castro. A conexión da Natureza e o mundo rural da súa infancia son fonte de inspiración para Mariola Hermida. Mariola e Matilde contaron coa colaboración, consciente ou inconsciente, das súas familias. Matilde tivo o apoio de seu fillo na edición do libro. “El estudou deseño gráfico, maquetouno e fixo os debuxos, así que estou dobremente agradecida, porque saia á luz e porque me acompañou meu fillo neste proceso e quero dicir que foi un pouco duro porque son moi pesada. Fíxoo con moito cariño”, di a autora. Matilde compuxo o seu poemario partindo das traxedias que lle contara súa nai e o libro publicouse coa complicidade das súas fillas “Para min foi unha sorpresa moi grande, as miñas fillas sabíano pero eu non. Xa antes da pandemia estaba o proxecto, de feito no Nadal xa miña filla me regalara un retrato dunha fotografía da miña nai, que xa era o proxecto para a portada do libro, pero eu non sabía nada”.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora