A poesía radiofónica

A poesía radiofónica
13 de Xuño, 2019 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

André Cerdido cultivouse como ointe de radio na Radio 3 dos anos oitenta. Pouco despois fixo as súas primeiras incursións na produción e locución radiofónica co programa "Divertimento para pequenos monstros" en Radio Fene.  Agora adéntrase no mundo da poesía co libro disco En inédito silencio. Son poemas lanzados ao vento.

ESCOITA O PODCAST:
André Cerdido no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

En inédito silencio ábrese ao mundo como unha suite versada que aviva todos os nosos sentidos. A natureza convértese en escenario principal, nun teatro onde discorren os tres actos da obra somerxendo ao lector nunha dimensión, onde realidade e soño se confunden. Este poemario é unha ollada, dende o máis profundo do alma, sobre a vida, o amor e a morte.

Fini García elaborou este texto para a contraportada do libro “En inédito silencio” de André Cerdido. En torno a él falamos no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, con Esther Val, Andrés C.M. Riveira, Henrique Sanfiz, a editora Ana Fernández, a ilustradora Esther Raindo e o autor André Cerdido.

Cuarteto de cordas para cunchas e gaivotas

Estou descalzo

sinto a terra húmida nos meus pés

cando se afunden na area preto do mar.

Vés ao lonxe

es ti

coñézote polo andar

o teu corpo é todo ardora.

(...)

 

Cultura

Publica o teu comentario agora