As poesias máis fermosas

As poesias máis fermosas

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes celebraba onte pola noite o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas en homenaxe a Uxío Novoneyra. Un acto no que houbo tempo para exaltar ao poeta do Courel, así como para a música e tamén para dar a coñecer os nomes dos gañadores do III Certame de Poesía Día das Letras Galegas convocado polo Concello de Ordes.

Así tal e como acordou o xurado deste certame poético, na categoría xeral acordouse outorgar o primeiro premio, dotado de 300 euros, a Noelia Martínez Rey polo seu poema “Entre Ecos”. O segundo premio, que estivo dotado de 180 euros foi para Rocío Leira Castro que presentou o traballo titulado “Traio unha arela no peito”.

Na categoría xuvenil a gañadora foi a ordense Paula Martínez Díaz por “Aquel compás”, levando o segundo premio Nuria Romero polo poema “Agora sei que nunca serei como aquel home”.
O primeiro premio da categoría infantil, dotado de 120 euros, recaeu nos nenos e nenas de 2º A do CEIP Campomaior que presentaron o poema “A Paz”, e o segundo premio foi para Adrián Loureiro Candal por “A gran ferida”. Por último o premio que se outorgaba ao centro escolar ordense que presentara as obras de maior calidade foi para o CEIP Mesón do Vento.

Durante o acto o alcalde de Ordes, Manuel Regos, adicou unhas palabras recordando a vida e a obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, así como se leu tamén un poema de dito autor.

O punto musical puxérono membros do grupo “O Embruxo” de Leira e un grupo folclórico da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.

Sociedade