ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Polos fíos da memoria”. “Onde nacen os pexegueiros”. Dous poemarios creados por dúas mulleres. Matilde Castro e Mariola Hermida falaron da orixe e o significado das súas obras no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión. Escoitaremos as súas reflexións no programa deste venres, día 25.
“Tiña claro que merecía a pena preguntar e saber de que ia todo o que pasou”, asegura Matilde Castro sobre a súa necesidade de saber da represión franquista e as súas vítimas. As súas traxedias reflíctense no poemario “Polos fíos da memoria”, que se nutre dos recordos que lle trasladou súa nai. Cantas traxedias caben nun poemario? “caben esas e poderíanse meter moitas máis, seguro, por desgraza traxedias houbo, esas foron as que me contou miña nai“.
“Eu nacín nunha aldea e para min a Natureza ten un peso moi importante. Os meus recordos están cheos de vexetación” revela Mariola Hermida, autora de “Onde nacen os pexegueiros” . “Estou moi ligada a ese mundo rural”, destaca. A perda do rural é fonte de inspiración para moitos poetas galegos porque “son as nosas orixes e os primeiros anos marcan toda a vida dunha persoa. Eu lembro todo, desde os 2 aos 6 anos foi a etapa máis bonita da miña vida, recordo todo daquela, estou moi unida a esa época”.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora