Pois a cousa vai de crise económica e da crise dos 30, iso si, cunha novela moi divertida.

Pois a cousa vai de crise económica e da crise dos 30, iso si, cunha novela moi divertida.
14 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Llucia Ramis é unha escritora mallorquina que publicou a súa primeira novela Coses que et passen en Barcelona quan tens 30 anys, no ano 2008. Imos entrar na historia dunha moza que acaba de cumprir 30 anos, que é xornalista e imos coñecer todos os seus problemas sentimentais, laborais,e un pouco como vai manexando todo iso no 2008 en Barcelona, que é en plena crise económica, pero tamén imos ver un pouco outras peripecias máis persoais que lle pasan, que son moi divertidas.

ESCOITA O PODCAST:

Blai, que pinta retratos envellecidos dos seus amigos, é incapaz de pintala e ela sente unha musa en excedencia, «unha idea para un cadro que non acaba de definirse nun cadro. Porque quizá se lle pasou o momento. Ou non lle chegou aínda. Se é que ten que chegarlle». A súa vida, aparentemente estable, empeza a cambalearse cando descobre que lle van a subir o aluguer e a que dentro de seis meses perderá o seu traballo. Mentres tanto, os seus amigos comezan a emparellarse, a hipotecarse e a exporse ter fillos, ela descobre por casualidade unha carta que un inglés escribe a unha moza de Barcelona na que lle pide matrimonio e dúbida en se facerlla chegar ou non. Neste capítulo de “de puño y letra” a escritora Llucía Ramis preséntanos Cosas que te pasan en Barcelona cuando tienes 30 años.

Cultura

Publica o teu comentario agora