Pokemon, Vendex e a corrupción en Galicia

Pokemon, Vendex e a corrupción en Galicia

03 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A desclasificación dos tomos da operación Pokemon sobre a corrupción en Galicia desvela cada día novas sorpresas. Segundo publica hoxe o xornal El Pais, a Xunta pagoulle 40.000 euros a través da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Industria como axudas ao “fomento da investigación e a innovación empresarial”.

A dirección encabezada por Ricardo Capilla enviou un correo electrónico o 5 de decembro de 2011 a Sintrasa, unha das empresas da rede de Vendex, informando da concesión de 40.000 euros. A partir dese momento, o delegado de Vendex Galicia José María Tutor enfrascouse nunha espiral de chamadas telefónicas para conseguir facturas falsas coas que xustificar a subvención. Entre motor e casco, inicialmente só conseguía xustificar 25.000 euros. Para falsear facturas contactou con Guillermo F., o mergullador, que xestionaba Nauga, un negocio de mergullo da Coruña tamén de Vendex

Segundo un informe do Servizo de Vixilancia Aduaneira, Vendex presentábase a concursos de servizos municipais, untando aos políticos ou xestores quesedeixaban. Os pinchazos telefónicos autorizados pola xuiza de Lugo Pilar de Lara sobre o delegado de Vendex en Galicia, José María Tutor, permitiron comprobar que falaba cos responsabeis políticos dos Concellos de Lugo, Ourense, A Coruña e Santiago –xestionados polo PP e polo PSOE- para negociar a concesión de servizos, a cambio de, supostamente, enchufar a amigos ou de sobres con cartos.

Sociedade