A polémica orixe da romaría

A polémica orixe da romaría
29 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os conflitos entre a Igrexa e parte da cidadanía de Maniños están detrás do inicio da romaría do Pote en 1933. O crego párroco sostiña que o cemiterio era propiedade da igrexa e el podía decidir quen tiña dereito a recibir sepultura no camposanto. Pola contra parte da veciñanza sostiña que fora a cidadanía quen o construíra e que tiña que estar aberto a toda a poboación. No marco dese enfrontamento, un grupo de veciños decide organizar unha romaría laica que non estivera adicada a ningún santo nin virxe. Persoas descoñecidas incendian a igrexa dúas veces e o sacerdote denuncia á comisión organizadora da festa do Pote como autores do lume. 

Fotografia Xan Xe

Un texto do libro de fábrica da parroquia de Maniños aclara que o cemiterio foi construído en 1887 atendendo a unha solicitude cidadá. Apúntase textualmente que 
“unha vez que a fábrica (a igrexa) non ten fondos para costear a construción dun cemiterio, os veciños obríganse a adquirir o terreo suficiente que ten de longo 32 varas por 24 de ancho, construír as súas paredes dándolle a altura  de dezaseis cuartas coa súa correspondente porta de ferro pero, unha vez que o pobo se impón este sacrificio,  xusto é que se lle exima do pago dos dereitos de sepultura, quedando pois libre para todos os veciños desta parroquia para sempre xamais”. 
Tamén a cidadanía de Maniños costeou a adquisición dunha parcela e a obra de ampliación do camposanto en 1923. 

 

Este ano a sociedade do Pote cumpre cen anos e por iso a entidade fixo un esforzo. A romaría terá lugar o domingo 31, pero o sábado pola noite actuarán Airiños de Fene e Luar na Lubre.

 

Imaxe da romaría do Pote. 2023

Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora