ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As obras que Aqualia estaba a realizar no lugar de Cotarel en Rande, actualmente paralizadas a raíz dun informe emitido pola secretaria municipal centrou boa parte do debate. Os populares denunciaron novamente irregularidades en ditas obras, xa que segundo explicou o edil popular Alberto Pazos, “a actuación estaba a realizarse sen contar coa perceptiva licencia municipal cando según se recolle no pliego de condicións a empresa concesionaria debe contar con esa autorización”.
Tamén denunciaron dende a bancada popular que Aqualia subcontratase ditas obras á empresa Construcciones Díos, novamente sen autorización do concello. Cualificou todas estas irregularidades como faltas graves e reclamou dos servizos técnicos municipais que se repasen as actuacións de Aqualia nos últimos catro anos para comprobar si se cometeron outras irregularidades semellantes e determinar, nese caso, as responsabilidades xurídicas e políticas pertinentes.
O concelleiro do BNG, Carlos Pazos lembrou que as obras de Cotarel están paralizadas dende hai semanas e recriminou aos populares que a súa actuación a piques estivo de botar abaixo un investimento de mais dun millón de euros. Reiterou que en todo momento se cumprirá escrupulosamente a informe da secretaria municipal e que unha vez estivo no seu poder dito informe paralizou a obra
Alternativa 5
Tamén unha moción do PP puxo novamente sobre a mesa o debate da conexión da A-57 co aeroporto de Peinador. Os populares reclamaron unha vez máis que o pleno rexeitase o traxecto elixido por Fomento, a coñecida como alternativa 5, e dese o seu respaldo á alternativa 11 que ao seu entender é menos prexudicial para o concello.
Dende o goberno local a postura defendida foi a mesma que veñen apoiando nos últimos meses. Carlos pazos lembrou que o BNG en Redondela apoia a alternativa 5 “porque permitirá desconxestionar o tráfico no centro da vila xa que funcionará como circunvalación”.
O socialista Eduardo Reguera reiterou tamén o apoio do seu grupo a esta vía de alta capacidade permitirá retirar vehículos das estradas nacionais. A moción foi rexeitada cos votos en contra dos concelleiros do goberno.