ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A política social será central nas propostas do PSdeG-PSOE para as eleccións municipais do 28 de maio en Fene. Así o anunciou esta mañá a Radio Fene o candidato á alcaldía polo Partido Socialista, Joaquín Ayala. “O PSOE vai facer políticas verdadeiramente sociais, que o veciño sinta que se están facendo para el”.
“Para nenos e nenas, a mocidade, maiores e, en xeral, para as familias”, asegurou Ayala que encabeza a candidatura elixida pola asemblea local o pasado febreiro. Daquela comezaron os preparativos da campaña das municipais que estarán condicionadas polo panorama político autonómico e español, “Considero que sí vai influír, estou seguro, ao mellor non é determinante, pero vai influír” opina. Do mandato que remata, recoñece que “para o PSOE foi convulso”, pero dá por superados os desencontros "queremos pasar páxina, o PSOE está nun punto de encontro". Non se pronuncia sobre hipotéticos pactos postelectorais. “É prematuro”, chegado o momento corresponderalle a asemblea decidir, apunta. Iso si, sostén que na política hai que ser coherente e respectar compromisos. Os que el adquirira coa veciñanza en 2015, levárono a dimitir do cargo dous anos despois, explica.
Publica o teu comentario agora