ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Perlío celebra a súa clasificación para a final da II Copa Ferrol de fútbol feminino. “Quizá un dos momentos máis importantes do Perlío feminino”. O adestrador Rafa Afonso destaca a deportividade que caracterizou a semifinal disputada contra o Maniños nos Pinares. Resolveuse na quenda de penaltis.
“Un día para gozar, para que garden o recordo de por vida”. Rafa Afonso felicita ás xogadoras do Perlío e recoñece a contribución de todas as persoas que pasaron antes polo equipo. “Penso que na primeira metade fomos un pelín superiores a elas, sobre todo nos primeiros cinco minutos saímos moi convencidas; na segunda parte igualouse máis a cousa”, apunta o técnico do Perlío. O partido rematou sen goles “o empate penso que é xusto e todo se decide nunha tanda de penaltis”, na que foi decisiva a porteira, Jenni, que “parou tres penaltis”
Publica o teu comentario agora