ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Que vos parece dirixir unha investigación policial? ou levar un servizo de urxencias sanitarias? Son os retos que propoñen dous xogos de cooperación para pasar unha boa tarde de inverno que presentou en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

“Caso Cobra” é un xogo deseñado pola editora del Pontevedra Crimen y misterio. Trátase de dirixir unha investigación policial para esclarecer ao asasino en serie que acaba de cometer o seu terceiro crime. Como na vida real, pode darse o caso de que o equipo policial non dea esclarecido o caso. Outro tipo de investigación é o que debe realizar o equipo dun hospital especializado en atención de urxencia. “Medical Mysteries”, un xogo moi traballado no que os xogadores deben decidir que probas lle fan a un paciente que chega ao servizo de urxencias.
Publica o teu comentario agora