A Politécnica de Ferrol acolle a VI Xornada Tecnolóxica Empresa- Universidade

A Politécnica de Ferrol acolle a VI Xornada Tecnolóxica Empresa- Universidade

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Secretario xeral de Universidades, Xosé Alberto Díaz, o Delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, e o Director de los astilleros Navantia Ferrol, Esteban García, asisten mañán á inauguración da "VI Xuntanza Tecnolóxica Empresa Universidade" que se celebra o xoves e o venres na Escola Politéctina de Ferrol. Nesta edición pónse o acento no sector do Automóbil.

Hai agora seis anos un pequeno grupo de estudantes da delegación de alumnos da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol decidiu buscar unha nova fórmula de achegamento dos alumnos e novos titulados ás empresas relacionadas coa enxeñería, tanto industrial como naval. Grazas ao apoio do centro conseguiron organizar a primeira Xuntanza Tecnolóxica. Agora, a Sexta edición terá como escenario as instalacións da propia Escola Politécnica, artellándose arredor de tres piares fundamentais: as conferencias, os talleres e o apartado expositivo para as empresas participantes.

Nesta ocasión terá máis peso o mundo do Automóbil, polo que contarán cunha ampla representación do sector´:a ITV, o Real Auto Club de España e de Cataluña, a Policia Local de A Coruña ou a Xefatura de Tráfico.  Instalarase unha carpa central onde se situarán os stands das empresas participantes, convertíndose no centro neurálgico do certame no que confluirán asistentes, alumnos, profesores, ponentes e convidados.

Sociedade